venres, 20 de maio de 2016

AS LETRAS GALEGAS

AS LETRAS GALEGAS 2016
Ola outra semana máis a o meu blog.
Hoxe falareivos dunha festa moi importante para toda Galicia é o Dia das Letras Galegas.
O Dia das Letras Galegas é un día de festa en conmemoración  da lingua Galega a través da manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario de Cantares Gallegos obra de Rosalía de Casto.
Este ano homenaxeamos a Manuel María Fernández Teixeiro.
Resultado de imagen de manuel maria
Manuel María nacido en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega.
O 19 de abril de 1970 foi elixido membro da Real Academia Galega(RAG), pero renunciou cinco anos despois(no 1975).
Para presentarse as eleccións municipais de 1979 en Monforte de Lemos, foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida de Lixo.
Por non ser elixido no Senado en 1982 abandonou a política.
Volveu a ingresar na RAG, o 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Os seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a  inmaterialidade, a mitoloxía, o mudo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.

Espero que vos gustara está entrada, un saúdo e ata a próxima entrada.