AS LETRAS GALEGAS 2016
Ola outra semana
máis a o meu blog.
Hoxe falareivos
dunha festa moi importante para toda Galicia é o Dia das Letras Galegas.
O Dia das Letras
Galegas é un día de festa en conmemoración da lingua Galega a través da manifestación literaria.
Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario de Cantares Gallegos obra de Rosalía de Casto.
Este ano
homenaxeamos a Manuel María Fernández Teixeiro.
Manuel María
nacido en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro
de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega.
O 19 de abril de
1970 foi elixido membro da Real Academia Galega(RAG), pero renunciou cinco anos
despois(no 1975).
Para presentarse
as eleccións municipais de 1979 en Monforte de Lemos, foi nomeado concelleiro
de Augas e Recollida de Lixo.
Por non ser
elixido no Senado en 1982 abandonou a política.
Volveu a ingresar
na RAG, o 15 de febreiro de 2003, a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón
Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Os seus poemas
destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a
etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade,
a mitoloxía, o mudo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a sociedade, a
lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía.
Espero que vos
gustara está entrada, un saúdo e ata a próxima entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario