NARÓN
Onte fun a ver o fermoso concello de Narón, entonces
ocorréuseme falar hoxe del.
Comecemos, o concello de Narón ten moitas parroquias que
agora nomearei: O Val, Castro, Narón, Trasancos, Sedes, San Xiao, Pedroso e
Doso.
Sabedes porque a parroquia de Castro chamase así?
É porque detrás da igrexa había un castro(agora xa non).
Trasancos non foi nomeada parroquia ata o ano 1813, coa
Constitución Española no 1812.
E se queredes ver unha igrexa de estilo barroco vos
recomendo a Igrexa de Santo Estevo de Sedes.
Aquí vos deixo esta imaxe:
:
Ese queredes facer unha ruta por moitas destas igrexas
vos recomendo a ruta das igrexas, capelas e cruceiros.
Que pasaredes polas seguintes igrexas:
Igrexa vella de Doso, Igrexa de San Lourenzo de Doso, Capela
da O, Igrexa de San Salvador, Capela de Santa Margarita e por ultimo pero non
por iso menos importante é o Mosteiro do Couto.
Pero tamén podedes facer moitas máis rutas como estas:
Ruta da costa Atlántica, a ruta dos muíños, ruta dos
territorios Celtas, ruta dos pazos e casona, rincóns de Narón, ruta do Río de
Xubia, ruta do camiño vello de Teixido e a ruta da Ría de Xubia.
A min as que máis me gustan son as da costa Atlántica(está
é paisaxismo-arquitectonico), a dos rincóns de Narón(está é de
paisaxismo-etnografico) e a dos muíños.
Isto non é todo o que falaremos de Narón, aínda queda
moito máis.
Espero que vos gustara e
un saúdo e ata a próxima entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario