xoves, 10 de marzo de 2016

Neda

                                                                      NEDA
                                              Resultado de imagen de imagenes escudo de el concello de neda                                                   
Ola outra vez, no dia de hoxe falaremos dun concello chamado Neda. Nese concello hai moitas cousas que ver, pero pouco a pouco, non sei vou empezar polo Monte de Ancos.
O Monte de Ancos e un lugar no que cando chegas a súa cima podes ver un precioso paisaxe, volo recomendo. É un lugar natural con moita calma e é moi bo para pasear por alí.
Agora toca falar da fabrica de téxtil que antigamente era a fábrica de moedas, telas, velas e máis cousas que agora mesmo non recordo.
Unha festa que se fai alí case onde esta a fabrica téxtil e no paseo marítimo é a conocida festa do pan. É unha festa como o seu nome indica referente ao pan onde se reunen os panadeiro e  hai actividades(como facer pan,...), tamén podes comprar pan e moitas cousas máis.
A Rúa Real é un camiño que tradicionalmente se utilizaba para ir a Pontedeume e tamén por alí pasa  o camiño Inglés de Santiago é tamén unía esta cidade con San Andrés de Teixido.
E vos sabiades que o Camiño de Santiago pasaba por Neda?
Pois si como xa vos acabo de dicir pasa pola Rúa Real.
Non acabarei esta entrada sen antes falar da Torre do Reloxo situase detrás da praza do concello. No sei se é unha das cousas máis importantes de Neda pero aínda así había que falar un pouco dela.
Un lugar se queredes levar aos máis pequenos da casa e o Parque Aghata Ruiz de la Pradaé un bonito parque que ten uns deseños un pouco raros pero seguro que a eles lle encanta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario